José Flores responde as críticas pola cobertura médica no centro de saúde de Cuntis
Por Oskar Viéitez
O xerente da área Sanitaria de Pontevedra e o Salnés, José Flores, saíu ao paso das manifestacións da portavoz do BNG no Concello de Cuntis nas que cuestionaba o cumprimento do compromiso da Xunta en canto á cobertura médica do centro de saúde da localidade.
José Flores ratificou que na reunión celebrada fai algo máis dun mes "comprometémonos a poder facer todo o que se poida en relación á cobertura de Atención Primaria".
Neste centro de saúde hai tres médicos de familia e unha praza de pediatra. Nesa reunión, lembra o xerente, adquiriuse o compromiso de cubrir polas tardes con médicos doutros centros a praza dun dos médicos de familia que levaba tempo nunha baixa de longa duración "sempre que eses médicos estean dispoñibles, como facemos a diario con calquera centro da Área Sanitaria".
José Flores recoñeceu que "non cubrimos todos os días que nos gustaría cubrir", e destacou que "o primeiro interesado en que Área Sanitaria esta perfectamente cuberta son eu".
Así, explicou o xerente que o mes pasado fixéronse cinco tardes, "que insisto, non son todas as que nos gustaría poder presumir de cubrir, pero eses 2 médicos, máis estas 5 tardes do terceiro médico, dan esa garantía de cubrir todas as urxencias do centro de saúde".
O xerente da área Sanitaria lamentou non ter a terceira cota cuberta de forma uniforme todos os días pero anunciou que "a titular dese cupo xa está incorporada" e aínda que neste momento está de vacacións, "inmediatamente no próximo mes vai incorporar ao seu posto de traballo".
Nesa reunión tamén se anunciou a incorporación dunha pediatra nova ao centro de saúde de Cuntis. "Esa praza estaba pendente da resolución da OPE (Oferta Pública de Emprego) de méritos dos pediatras de Atención Primaria que, no día de hoxe, fíxose o acto de benvida de todas as pediatras da área Sanitaria, que se incorporan pola publicación no DOGA do día de onte, do 18 de marzo. E unha das pediatras que se animou a coller esa praza, que vai ser titular da praza e propietaria da praza, incorporouse precisamente no día de hoxe".
Relacionadas:
-
O Fondo Galego de Cooperación analiza en Cuntis os proxectos a desenvolver durante este 2024
Por Redacción |
-
O alcalde de Cuntis pide á Xunta reformas no Colexio Don Aurelio
Por Oskar Viéitez |
-
Contacontos no Hospital Provincial para conmemorar o Día da Narración Oral
Por Oskar Viéitez |
-
Benvida ás novas pediatras para Atención Primaria e o Hospital do Salnés que acadaron praza fixa por concurso
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG de Cuntis culpa á "incompetencia e desleixo da Xunta" da "situación límite" no centro de saúde
Por Redacción |