A Deputación tende a man á Fundación Galega contra o Narcotráfico na súa loita
Por Redacción
A Deputación Provincial de Pontevedra tendeu a man á Fundación Galega contra o Narcotráfico (FGCN) para colaborar en todo o que sexa posible na súa loita contra o tráfico de drogas.
O presidente da Deputación, Luis López, recibiu nos últimos días no seu despacho do Pazo Provincial aos directivos da Fundación. Acudiron o presidente, Manuel Antonio Couceiro; o xerente, Fernando Alonso; e a patroa, Elena Suárez.
Segundo a información facilitada pola institución provincial, mantiveron unha reunión de traballo na que abordaron "asuntos de interese mutuo" e exploraron "novas vías de colaboración".
Os responsables da Fundación deron a coñecer a Luis López as principais liñas de traballo que centran a súa actividade e o presidente interesouse pola situación actual das redes de delincuencia organizada ligada ao tráfico de drogas.