A Xunta inviste preto de 90.000 euros na Asociación Iris Social de Marín
Por Redacción
A Xunta de Galicia destinou preto de 90.000 euros á Asociación Iris Social, en Marín, para promocionar as actuacións de servizos sociais comunitarios e inclusión social.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou este venres a sede da Asociación, e indicou que estas achegas serán destinadas ao programa 'Arraigate', que axuda a persoas en risco de exclusión social, na súa maioría migrantes, a atopar un emprego a través do asesoramento laboral e a formación.
Durante a súa visita, aproveitou para destacar "o gran traballo que se leva a cabo nesta asociación para mellorar a vida de decenas de persoas", igual que nas 11 entidades de toda a área territorial de Pontevedra que se benefician de máis de 1 millón de euros repartidos polo goberno autonómico.