O Santo Enterro devolve certa normalidade á Semana Santa pontevedresa
Por Redacción & Cristina Saiz
A meteoroloxía deu un respiro e a Semana Santa pontevedresa puido saír de novo á rúa. Iso si, con cambios con respecto aos plans iniciais das confrarías.
E é que pola mañá si tiveron que suspender a Procesión do Encontro, unha das máis espectaculares desta celebración relixiosa, que debido á choiva tívose que desenvolver dunha maneira máis íntima no interior da igrexa de San Bartolomé.
Pero os fieis puideron gozar este Venres Santo de todo o esplendor da Procesión do Santo Enterro, na que participaron sete confrarías de Pontevedra. Aínda que non todo foi perfecto, ás nove e media da noite, cando a procesión encaraba o seu tramo final, empezou a chover, obrigando a cortar abruptamente o desfile.
A comitiva, que partiu ás oito da tarde da basílica de Santa María, cambiou lixeiramente o seu percorrido tradicional debido ás obras no lateral do Liceo Casino.
Así, a procesión tiña previsto pasar por Praza de España, Riestra, Oliva, García Camba, Peregrina, Soportais, Fernández Villaverde e Michelena antes de regresar á Avenida de Santa María, pero a chuvia obrigou a acelerar o final da marcha.
Como marca a tradición, tras a cruz parroquial e o calvario, procesionaron o Cristo resucitado (Corpo Santo), A Nosa Señora do Amor Fermoso e a Verónica (Nosa Señora do Amor Fermoso), a Virxe da Maior Dor (Maior Dor) e A Nosa Señora das Angustias (Silencio)
Seguíronlle o Cristo yacente (O Noso Pai Jesús coa Cruz ás Costas) e a Virxe da Misericordia (Vera Cruz), tras as que pasou a Santa Cruz (Espírito Santo), o clero e as autoridades para pechar o desfile litúrxico.
Para este Sábado Santo, se a choiva o permite, está previsto o traslado da imaxe do Ecce Homo entre Santa María e O Burgo, procesión que incluirá sete paradas no centro histórico.
Relacionadas:
-
Fartos de choiva? Pois aínda queda máis
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Suspenden a procesión do Domingo de Resurrección no peche dunha Semana Santa pasada por auga
Por Diego Espiño |
-
A choiva segue augando a Semana Santa de Pontevedra: Suspendida a Procesión do Traslado do Ecce Homo
Por Diego Espiño |
-
A Maior Dor suspende a súa procesión do Mércores Santo pola choiva
Por Oskar Viéitez |
-
A Confraría do Silencio acompaña ao Nazareno polas rúas da Boa Vila
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
A choiva deixa a medias a procesión do Cristo das Tres Caídas
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |
-
Sol, asistencia masiva e tres peregrinos fans da procesión no Domingo de Ramos pontevedrés
Por Cristina Saiz & Natalia Puga |