O Concello retirará 1,2 millóns de La Caixa se fai algún desafiuzamento
Por Redacción
O Instituto Municipal de Deportes (IMD) ven de unirse aos movimientos comezados por entidades locais de toda España para evitar os desafiuzamentos e as súas dramáticas consecuencias. Se a entidade La Caixa non para os que teña pendentes ou executa algún máis, retirará os 1,2 millóns de euros que teñen alí depositados.
O concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, enviou unha carta ao director da oficina comercial de La Caixa en Pontevedra na que recolle: "gustaríame solicitarlle que La Caixa se comprometa a paralizar todos procedementos de lanzamento que estean en marcha actualmente en Pontevedra. E que, ademais, non efectúe ningún a partir desta data"
"En caso contrario, lamentablemente, veríamos na obriga de retirar os fondos e cancelar a nosa conta", na que está o orzamento anual do Instituto Municipal de Deportes (IMD), engade como advertencia o concelleiro.
Esta carta e esta determinación da Concellería de Deportes tamén se puxo en coñecemento do Colexio de Avogados de Pontevedra para que, a través dos seus colexiados, se faga un seguimento que permita detectar calquera incidencia.
Como argumento para soster esta decisión, sinala que "esta Concellería de Deportes non pode permanecer allea a estas tráxicas circunstancias, que tamén se viven día a día nas rúas de Pontevedra. Como parte da Administración pública temos obriga de dar pasos adiante en favor dos cidadáns".