O novo aparcamento disuasorio na estrada PO-546 xa está en obras
Por Redacción
As obras de construción do aparcadoiro disuasorio que a Xunta proxectou na estrada PO-546, en Lourizán, xa están en marcha. Permitirán dotar a este ámbito, entre a vía de acceso ao Pazo de Lourizán e a estrada de conexión co núcleo do Rozo, de 71 prazas de estacionamento.
Este aparcamento custará uns 350.000 euros e terá unha superficie de 2.465 metros cadrados.
O goberno galego confía en que esta área sirva para converter este emprazamento nun lugar de intercambio modal, tanto para os vehículos privados como para as liñas de transporte público, xa que preto do aparcadoiro hai 4 paradas de autobús que comunican Pontevedra con O Morrazo.
As 71 prazas de aparcamento serán en batería e dúas estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida.
A actuación completarase coa dotación de alumeado público, videovixilancia, preinstalación de puntos de recarga para vehículos eléctricos e a incorporación de vexetación na contorna.
O aparcadoiro intégrase na senda que comunicará os núcleos de Mollavao e Os Praceres, cuxa licitación se prevé para este mesmo mes e na que se investirán 6,8 millóns de euros.
Relacionadas:
-
As obras para dar forma á nova estrada PO-546, entre Mollavao e Os Praceres, comezarán en outono
Por Alejandro Espiño |
-
COVSA construirá o aparcadoiro disuasorio de Lourizán por 304.000 euros
Por Redacción |
-
O aparcamento disuasorio en Lourizán e o tramo de Marín, próximos pasos na humanización da PO-546
Por Redacción |