Os socialistas de Pontevedra conmemorarán o aniversario da II República
Por Redacción
Con motivo do aniversario da II República, a Agrupación Socialista de Pontevedra organizou, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, unha fin de semana de eventos conmemorativos arredor de figuras e fitos relevantes deste período histórico.
O PSOE pontevedrés ten previsto desenvolver unha conferencia titulada 'O camiño da igualdade da muller na II República' e unha homenaxe a Edelmiro Dios Vázquez, vicesecretario da Agrupación de Pontevedra durante o período republicano.
O coloquio celebrarase o venres 12 de abril ás 19:30 horas na sala situada no 1º andar do Teatro Principal, será presentado pola secretaria xeral do PSdeG de Pontevedra, Maica Larriba; estará moderado polo director da Fundación Luis Tilve, Guillerme Pérez Agulla, e terá como relatora a Raquel Vázquez Ramil, profesora de Didáctica das Ciencias Sociais na Universidade de Valladolid.
O acto en lembranza á figura de Edelmiro Dios será o domingo 14 de abril ás 12:00 horas no Cemiterio de Salcedo.