Soutomaior presume do seu mellor dato mensual de desemprego desde que os rexistros son públicos
Por Redacción
Os datos de paro ao peche do mes de marzo deixaron a mellor cifra no Concello de Soutomaior desde que os datos mensuais son públicos.
En concreto o municipio despediu o último mes con 24 parados menos para un total de 463, unha baixa do 4,9%.
Uns datos que son froito do "traballo diario no que estamos inmersos. A nosa tarefa está agora en seguir traballando e mellorando este resultado mensualmente, e con ese obxectivo seguiremos traballando no noso día a día", asegura o alcalde, Manu Lorenzo.
Estas cifras mensuais de marzo, comunicadas desde a consellería de Promoción do Emprego da Xunta de Galicia, contrastan cos 709 desempregados cos que Soutomaior contaba no ano 2017.
A baixada de Soutomaior é ademais maior que a rexistrada en municipios próximos como Ponte Caldelas (oito menos), Vilaboa (un menos) ou Pazos de Borbén (sete menos), mentres que o paro creceu en Fornelos (nove máis) e Redondela (160 máis) en relación co mes de febreiro.