Dúas persoas feridas nun accidente que obrigou a cortar a Autovía do Salnés
Por Oskar Viéitez
A Autovía do Salnés rexistrou ao redor de únaa e media da tarde deste domingo un accidente de tráfico no que dúas persoas resultaron feridas.
Dous vehículos víronse implicados neste sinistro, un Audi Q7 e un clásico Seat 600. O Seat foi golpeado pola parte de atrás polo Audi.
O condutor deste vehículo histórico foi un dos feridos tendo que ser trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés con dor cervical, torácico e nas extremidades inferiores. No outro turismo viaxaban dúas persoas, resultando ferida a copiloto de carácter leve.
O accidente tivo lugar no quilómetro 6 da autovía, á altura do municipio de Meis.
A colisión entre estes dous coches produciu o corte da circulación en douss carrís desta autovía a VG 4-1 durante dúas horas e media.
Ata o lugar do accidente desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, do Servizo de Emerxencias do Concello de Cambados, unha ambulancia do 061 e unha brigada de Mantemento de Estradas.
Relacionadas:
-
Ferida a copiloto dunha motocicleta nunha caída en Ribadumia
Por Anxo Lourido |
-
En liberdade os dous investigados por un roubo nunha vivenda de Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
O subdelegado do Goberno critica ó PP pola "politización da seguridade viaria"
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan sobre problemas de seguridade viaria no cruce da Vichona
Por Oskar Viéitez |
-
Morre unha muller de 80 anos tras precipitarse desde un balcón mentres limpaba unha xanela
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan do "impacto brutal" que terá a A-57 na contorna escolar do CEIP San Andrés de Xeve
Por Oskar Viéitez |