A Deputación e a UNED, unidas para analizar os asuntos de interese mutuo para ambas institucións
Por Redacción
Abordar asuntos de interese mutuo e establecer unha canle de comunicación áxil entre Deputación e UNED, eses foron os puntos que analizaron o presidente provincial, Luis López, e o director do organismo universitario en Pontevedra, Víctor González Sánchez.
Ambos dirixentes estudaron as posibles vías de colaboración entre ambas institucións e seguir ofrecendo servizos de calidade á cidadanía de toda a provincia.
Neste senso, durante o encontro plantexaron colaborar en diversos programas propostos pola universidade como a 'Cátedra de Integración Rexional, Unión Europea e América Latina', o encontro da Fundación Mulleres por África na UNED, a organización na cidade de Pontevedra da reunión do Consello do Campus Noroeste da UNED ou a contratación de dez mozos e mozas a través do programa Primeira Experiencia do SEPE e a convocatoria do 'Venias Docendi' para ser titor desta institución.
Así mesmo analizaron o proxecto para reformar a sede da UNED, que precisa unha serie de melloras na súa estrutura, de eficiencia enerxética, na cuberta e nos accesos, así como unha revisión dos sistemas enerxéticos e da distribución dos espazos interiores do centro.
O presidente da Deputación interesouse tamén polos proxectos educativos que a UNED ten en marcha en Pontevedra, así como polas iniciativas a desenvolver nos diferentes centros asociados repartidos por toda a provincia, e tendeu a man da institución provincial para colaborar coa universidade "en todo o que sexa posible".
Relacionadas:
-
López presenta un programa para mellorar equipamentos dos locais destinados á mocidade
Por Redacción |
-
Un curso da UNED busca divulgar a figura de coordinador parental nas familias de alta conflictividade
Por Redacción |
-
A xornalista Nieves Concostrina e a historiadora Verónica Sierra falarán na UNED sobre memoria democrática
Por Redacción |
-
Xornada de alpinismo na UNED de Pontevedra
Por Redacción |
-
O grupo de teatro da UNED Sénior pon en escena a obra "En Ciernes"
Por Redacción |