O porto de Marín crece por encima do 20% durante o primeiro trimestre do ano
Por Redacción
Os datos provisionais de movemento de mercadorías no primeiro trimestre sinalan un crecemento do 21,82% no porto de Marín con respecto ao mesmo período do ano anterior, chegando a acumular preto de 600.000 toneladas de mercadoría entre xaneiro e marzo.
Segundo informou a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, por grupos de mercadoría, destaca o incremento dos graneis sólidos cun crecemento do 46%, con subidas en practicamente todas as partidas, desde os cereais e as súas fariñas ata as madeiras pasando polos pensos e forraxes.
A mercadoría xeral convencional (non contentorizada), pola súa banda, aumenta un 14%. Dentro deste capítulo destaca o incremento da pasta de papel, do material de construción ou das madeiras e cortizas, por exemplo.
En canto ao número de buques, entre xaneiro e marzo entraron nos peiraos de Marín un total de 123 buques, o que representa un 23% máis que o mesmo período do pasado exercicio.
Relacionadas:
-
A empresa Antares Forwarding, nova consignataria do Porto de Marín
Por Oskar Viéitez |
-
Portos de Galicia instalará unha nova baliza vermella de axuda á navegación no acceso ao peirao de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
830.000 euros para renovar as instalacións da lonxa pesqueira de Marín
Por Redacción |