Marcar a cuadrícula 106 da Renda axuda a que setenta persoas con discapacidade participen en actividades de Amizade
Por Anxo Lourido
Os fondos do 0,7% do Imposto da Renda das Persoas Físicas axudan a colectivos como a asociación Amizade, que continúa desenvolvendo o programa de atención integral para as persoas con discapacidade.
Este programa permite ofrecer numerosas actividades e servizos a setenta persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra.
Neste proxecto poñeranse en marcha actividades deportivas e de lecer, ademais doutras relacionadas coa información, sensibilización, prevención e difusión sobre diferentes cuestións vinculadas á discapacidade.
Recentemente, a asociación Amizade puxo en marcha un obradoiro de coiro e un segundo grupo do taller de lecer para tentar dar resposta á demanda de actividades.
Aquelas persoas que presenten dúbidas sobre calquera cuestión relacionada coa discapacidade ten a posibilidade de establecer contacto co servizo de información e asesoramento de Amizade.
O colectivo que preside Paulo Fontán e que foi declarado de utilidade pública en 2015 tamén ofrece charlas en centros educativos e reunións con representantes políticos para traballar na sensibilización social.
Persoas con discapacidade física, intelectual, sensorial, psíquica ou mixta da comarca poden acceder a estas accións
O proxecto desenvólvese baixo a xestión de COGAMI e co cofinanciamento da Xunta de Galicia grazas á recadación que se recolle a través da cuadrícula 106 de "actividades consideradas de interese social" no IRPF.
Relacionadas:
-
Amizade pide que se manteñan as prazas de estacionamento reservadas en Barcelos
Por Redacción |
-
Colaboración "máis fluída" entre o Concello e Amizade para avanzar no deseño da cidade
Por Alejandro Espiño |
-
Amizade pide a prestación do servizo do "coche de punto" con vehículos adaptados
Por Redacción |
-
76 personas con diferentes discapacidades beneficiáronse de actividades de Amizade en 2021
Por Redacción |