Petición para que se devolva o sacho á escultura da mariscadora de Campelo
Por Anxo Lourido
O BNG de Poio esixe ao goberno municipal que asuma a reparación da escultura da mariscadora situada no porto de Campelo.
Segundo indican desde a formación nacionalista, nos últimos días comprobaron que esta obra, confeccionada en 2011, sufriu danos e retiráronlle o sacho anexo, que portaba a figura na súa man dereita.
Desde o BNG consideran que a peza artística elaborada pola escola de cantería de Poio debe ser reparada.
Na comisión de Urbanismo celebrada esta semana trasladaban esta incidencia e demandaban unha actuación en breve para devolver a obra ao seu estado orixinal.
Ademais, solicitaron que se realicen as investigacións necesarias para coñecer a autoría das persoas que causaron estes danos.
"Esta estatua tan emblemática para Campelo e para Poio encarna unha mariscadora ataviada coas súas roupas antigas de traballo e cun pano cubrindo a cabeza, saia, mandil, nunha actitude de faena cun lejón na man que lle foi extraído", sinalan desde o BNG de Poio, que lembra o sginficado que teñen a escultura para a xente do mar.