O Galeón Andalucía poderá visitarse esta fin de semana
Por Redacción
O Galeón Andalucía atópase atracado Vilagarcía de Arousa no Peirao do Ramal, onde está a ultimar os preparativos para a súa seguinte etapa na gran xira que está a realizar durante este ano, que lle levará a visitar varios países do norte de Europa.
Durante esta fin de semana, os días 26 ao 28 de abril, abrirá as súas cubertas ao público de 10.00. a 20.30 horas.
O prezo da entrada para os adultos é de 8 euros. Para os nenos de 5 a 10 anos: 4 euros
O Galeón Andalucía, é unha réplica única dos galeóns españois que durante os séculos XVI ao XVIII sucaron o Atlántico, navegaron polo Caribe, as costas americanas e cubriron a inmensa o roteiro do Pacífico.
Un impoñente navío de 55 metros de eslora, seis cubertas, de madeira de iroko e piñeiro, e case mil metros cadrados de superficie vélica nas súas sete velas, construído en Punta Umbría (Huelva) cun coidadoso rigor histórico.
Durante esta fin de semana, o público poderá subir a esta lendaria nave, percorrer os seus cinco cubertas e coñecer os seus detalles, a súa navegación, como era a vida a bordo e a súa propia historia.
A tripulación actual fórmana 12 persoas de diferentes nacionalidades e actualmente estanse aceptando novas solicitudes para postos de tripulación voluntaria.