Maite Galiñanes e Anselmo Noya, novos concelleiros do BNG do Grove
Por Redacción
Cambios no grupo municipal do BNG no Concello do Grove.
Maite Galiñanes e Anselmo Noya asumirán as actas de concelleiro que deixan vacantes tras a súa renuncia vos edís David Torres e Sara Abeijón.
Trátase dos números cinco e seis da candidatura nas pasadas eleccións municipais.
Noya asumirá ademais a portavocía da formación local do Bloque Nacionalista Galego.
"Maite e eu vimos únicamente para aportar o noso traballo e dedicación e poñelos ó servizo da xente de Ogrobe, ese vai ser o foco principal que teremos mentres nos corresponda estar aquí", sinalou o que será novo concelleiro do BNG.