O quiosco da praia de Aguete busca quen o xestione
Por Redacción
Xa se están preparando os servizos para a nova tempada de verán en Marín e este luns publicábase a contratación para explotar o quiosco da praia de Aguete durante este ano.
Os pregos atópanse dispoñibles no Perfil do Contratante na web do Concello de Marín.
Este espazo conta con oito metros cadrados e dunha terraza de 19 metros cadrados. Sae a licitación cun canon mínimo de 1.080 euros, que poderá ser mellorado á alza polas persoas que liciten. Deberá afrontarse un único pago, nos dez días hábiles seguintes á adxudicación.
A oferta máis vantaxosa obterá 90 dos 100 puntos no procedemento de licitación. Os dez puntos restantes serán para avaliar criterios ambientais en relación ao compromiso de reutilizar ou reciclar envases, xestión correcta de residuos en fraccións separadas, entre outros aspectos.
Fóra do período da adxudicación, segundo indica o Concello de Marín, será obrigatorio para o responsable da explotación que a zona onde se atopa instalado permaneza en perfecto estado e desocupada.
Se estaablecen 15 días naturais para presentar ofertas, que poden presentarse a través desta ligazón.
Segundo os pregos, o establecemento ten a posibilidade de que sexa aberto no mes de maio e continúe con actividade ata o 30 de setembro.