![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/fe3/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MgJyq/Lzc52L8gt0zCwMdI_/_wNDHSSU/NKUot0SvILlKxrAQ==_/663505dce9-6635002921-podecanatodeseno2.jpg)
© DUVI - UVigo
Marcos Dopico sae erixido como primeiro decano da Facultade de Deseño
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O profesor Marcos Dopico Castro foi elixido este venres como primeiro decano da Facultade de Deseño do campus pontevedrés.
A súa candidatura era a única que presentaba a este proceso electoral e lograba o apoio unánime dos sete representantes do persoal docente e investigador, persoal de administración e servicios e alumnado que forman parte da xunta do centro.
Dopico levaba desde 2019 exercendo como decano comisario durante a fase de creación do centro universitario.
Cristina Varela será a videcana mentres que Patricia Dopico Rodríguez exercerá de secretaria académica.
El grao de Deseño comezaba a súa marcha en setembro de 2023 no edificio azul da Xunta de Galicia en Benito Corbal. A creación da facultade fora aprobada pola Xunta en 2022 e a ela adscríbese o Máster en Deseño e Dirección Creativa en Moda.
Como retos inmediatos, o decano indicaba en declaracións ao DUVI que quere "normalizar a situación da facultade dentro do campus e da Universidade".
Desta forma quere poñer en marcha a xunta de facultade e diferentes comisións, ademais de implicarse nas actividades do campus e á participación do alumnado en programas de mobilidade.
A estas propostas suma, a máis longo prazo, a incorporación de novos docentes e investigadores vinculados ao ámbito do deseño, ademais de crear un edificio e unhas instalacións propias para a facultade.
Por agora, os estudantes do grao compartirán espazos de traballo con Belas Artes durante o próximo curso do mesmo xeito que xa sucede no actual.