Rescatan unha muller que caera nas rochas dunha praia da Illa de Arousa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Unha muller foi rescatada este xoves polos servizos de emerxencia despois de caer nas rocas dunha praia da Illa de Arousa.
O suceso produciuse minutos antes das dez de mañá nun areal próximo ao illote de Areoso, segundo informou o 112 Galicia.
A muller estaba ferida despois da caída, polo que lle resultaba difícil saír da zona.
Ata o lugar trasladáronse efectivos dos bombeiros de Vilagarcía e axentes da Policía Local e da Garda Civil, que axudaron á ferida adesprazarse ata a ambulancia do 061 para que fora atendida e trasladada a un centro hospitalario.