![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7d1/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/664e336a6b-22052024-lorenzanaalcaldecerdedo-cotobade_1.jpeg)
© Xunta de Galicia
Lorenzana e Cubela estudan as opcións industriais de Cerdedo-Cotobade
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Jorge Cubela, alcalde de Cerdedo-Cotobade, mantiña este mércores un encontro en Santiago de Compostela con María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria.
Durante a reunión tratáronse as medidas do Plan de aceleración de proxectos industriais, que garante a tramitación en menos dun ano de iniciativas empresariais con máis de 800.000 euros de investimento.
Lorenzana presentou ao rexedor o programa de axudas da Xunta para polígonos industriais cunha primeira liña destinada á mellora de infraestruturas e outra que se destinará á creación de viveiros industriais.
Por último, está prevista outra axuda destinada a reforzar as redes de distribución eléctrica dos parques empresariais.
A conselleira trasladou a importancia da planificación industrial e enerxética para xestionar o solo empresarial de Galicia a través da nova Dirección Xeral de Estratexia.