Praias accesibles "para todos" antes de Semana Santa
Por Diego Espiño
Arenais de Sanxenxo, O Grove, A Illa e Vilagarcía serán os primeiros nos que se actuará na provincia, a través dun plan da Deputación con fondos europeos, para convertelos en "praias accesibles para persoas con discapacidade", segundo confirmou o presdente provincial, Rafael Louzán, tras reunirse coa responsable de Costas en Pontevedra, Cristina de Paz.
Cun orzamento próximo aos 100.000 euros dotarase ás praias de pasarelas de madeira enroladas e cadeiras de rodas anfibias antes de Semana Santa.
O material, que xa se adquiriu, entregarase directamente aos concellos, que serán os encargados da súa instalación.
As praias que contarán con este servizo serán as de Baltar, Silgar e Canelas en Sanxenxo, A Lanzada e Area da Cruz en O Grove, A Concha e Bamio en Vilagarcía e O Vao na Illa de Arousa.
Louzán explicou que "elixíronse estes areais para ver a funcionalidade do material", sen descartar a súa ampliación a atros municipios da provincia nun futuro próximo.
1,5 MILLÿNS PARA REPARAR DANOS DOS TEMPORAIS
A reunión coa xefa provincial de Costas serviu ademais para concretar a cantidade asignada a Pontevedra para reparar os danos dos últimos temporais, dentro do plan aprobado o pasado venres no Consello de Ministros.
Así a provincia recibirá 1.545.000 euros que se empregarán en emendar os desperfectos ocasionados no litoral de O Grove (A Lanzada e A Toxa), Poio (Raxó), Sanxenxo, Baiona, Redondela e Nigrán.
A maioría destes traballos serán realizados pola empresa pública Tragsa, mentres outros sairán a licitación pública.
A maiores a Deputación actuará nos accesos ao porto de Beluso, en Bueu, e na entrada á praia de Menduíña, en Cangas.
Relacionadas:
-
As praias da Lanzada e Panadeira recupéranse dos temporais
Por Redacción |
-
O Grove, Sanxenxo, A Illa e Vilagarcía reciben o material necesario para facer as súas praias accesibles
Por Redacción |
-
Silgar, Baltar e Canelas contarán este ano con zonas de sombra
Por Redacción |
-
Vinte millóns de euros para paliar os danos dos temporais na provincia
Por Oskar Viéitez |