Unha moción en apoio da institucionalización do Día de Galiza Mártir
Por Redacción
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro reuniuronse nestes días cos representantes da Fundación Alexandre Bóveda que están a solicitar apoio institucional á petición da institucionalización do Día de Galiza Mártir, 17 de agosto.
O apoio farase a través da presentación dunha moción no próximo pleno municipal, a cargo do Grupo Municial do BNG, coas peticións que fai a Fundación Alexandre Bóveda.
A Fundación, polo seu lado, está a manter reunións cos parlamentos nacionais e rexionais de toda España, así como a todos os concellos, deputacións provinciais e entidades locais menores.