Gonzalo Durán reelixido por aclamación presidente do PP de Vilanova
Por Oskar Viéitez
Gonzalo Durán Hermida, alcalde de Vilanova, foi elixido por aclamación presidente do Partido Popular de Vilanova, no transcurso dun congreso local celebrado este domingo.
Preto de 200 persoas acudiron á casa da cultura do Esteiro. Entre elas o presidente provincial, Rafael Louzán, e a presidenta do Parlamento galego, Pilar Rojo.
Gonzalo Durán asegurou que "las encuestas para las elecciones europeas no le dan la victoria al PP" polo que exhortou aos militantes a "trabajar duro" xa que dixo "no es de sentido común que esté por encima de nosotros el partido que arruinó España y que nos puso a los pies de los caballos".