Unha plantación de árbores como mostra do compromiso ambiental do Campus
Por Redacción
Durante o pasado curso o consumo de auga e enerxía do Pavillón Universitario de Pontevedra supuxo unha emisión de 12,24 toneladas de CO2 á atmosfera.
Para reducir este impacto, dentro a iniciativa Pavillón verde: Deporte sostible no campus de Pontevedra, este venres entidades usuarias da instalación deportiva e responsables da universidade realizaron unha plantación simbólica de árbores para compensar estas emisións.
A vicereitora en funcións, Antonio Blanco, acompañada entre outros do que será o seu sucesor, Juan Manuel Corbacho, explicou que se trata "dunha pequena mostra simbólica do que será un traballo de anos de concienciación e formación ambiental", que pretende lograr para o campus lerezano a Bandeira Verde, unha cualificación de excelencia outorgada a facultades e recintos universitarios polas súas actuacións en materia de xestión e educación ambiental.
En total plantáronse 33 árbores de entre dous e cinco anos nunha parcela que se encontra á entrada do campus, con especies como ameneiros, castiñeiros, carballos e pradairos.
Esta actuación terá continuidade con outras iniciativas no resto de edificios do recinto universitario pontevedrés dentro do proxecto 'Green Campus'.