Galotendiña e Ponquincalla, dúas cooperativas postas en marcha por alumnos pontevedreses
Por Redacción
Pontevedra conta xa con dous cooperativas escolares, despois de que o Colexio CEIP Praza de Barcelos e o Colexio CEE Príncipe Felipe, respectivamente, obtivesen a tarxeta de identificación para as cooperativas que constituíron dous grupos de alumnos destes centros.
A creación destas cooperativas forma parte do programa EME Cooperanova, Emprender na Miña Escola, que promove a Deputación de Pontevedra coa colaboración da Consellería de Educación.
Este programa pretende desenvolver hábitos e comportamentos emprendedores entre o alumnado, facilitando a súa integración social de xeito máis eficaz e satisfactoria á vez que se favorece o desenvolvemento de competencia básicas como son a competencia en comunicación lingüística; matemática; no coñecemento e interacción co mundo físico; no tratamento da información; na relación e comportamento social e cidadá; cultural e artística, así como aprender a aprender e mellorar a autonomía e iniciativa persoal.
CONSTITUCIÿN DA COOPERATIVA
Os alumnos dos dous centros de Pontevedra recibiron este martes as correspondentes tarxetas que os acreditan como cooperativa, despois dun intenso traballo no que elixiron democraticamente os postos da xunta directiva, organizaron os distintos departamentos (mercadotecnia, calidade do produto, imaxe da cooperativa, relacións públicas etc) e elaboraron os estatutos das cooperativas.
No caso do CEIP Praza de Barcelos, a cooperativa denomínase Galotendiña e conta con 20 cooperativistas, todos eles nenos de sexto de primaria.
No CEE Príncipe Felipe son 15 alumnos de educación especial os que participan neste programa e constituíron a cooperativa Ponquincalla.
Unha vez constituídas formalmente as cooperativas, comezará o labor de creación e venta do produto, destinando parte dos beneficios a unha organización social.