Os escolares de Marín aprenden a loitar contra a violencia de xénero
Por Redacción
Tras o seu éxito en pasadas edicións, a concellaría de Benestar Social de Marín, a través do Centro de Información á Muller (CIM), comezou coas actividades da chamada 'Operación Violeta'.
Trátase dun programa polo cal escolares dos centros educativos do municipio se achegan ao funcionamento de administracións, Policía Nacional ou Local co obxectivo de concienciar os mozos na loita contra a violencia de xénero.
Así nas diferentes visitan préstase especial atención ás políticas de prevención e a colaboración necesaria para reducir este problema social.
A actividade está dirixida a alumnos de Educación Infantil, Primaria, ESO e Bacharelato, con visitas concertadas aos xulgados, comisaría da Policía Nacional, as instalacións da Policía Local, Centro Municipal de Servizos Sociais, Concello e Biblioteca Municipal.
Nunha das primeiras visitas, escolares do centro da Inmaculada acudiron este mércores á sede do goberno local, onde tiveron a oportunidade de falar coa alcaldesa e formularlle dúbidas, suxestións e mesmo plantexarlle iniciativas ao respecto.