Canchas deportivas e hortas urbanas ocuparán as vellas vías do tren
Por Oskar Viéitez
A entrada en servizo da práctica totalidade do Eixo Atlántico en Pontevedra fai que as empresas adxudicatarias se dediquen a partir de agora ao acondicionamento das plataformas habilitadas sobre as vías na Seca, Doce de Novembro e Médico Ballina.
Dende a reforma de viais, reposición de servizos, instalación de pantallas acústicas ata os novos usos para os terreos que ocupan as vías polas que xa nunca máis volverá pasar o tren.
As ideas que se barallan por Fomento e o Concello de Pontevedra consideran a conversión en senllas peonís, parques infantís, canchas deportivas, zonas de xogos ou mesmo hortas urbanas como é o caso dalgunhas parcelas sobrantes como a do barrio da Fontesanta.
Nalgúns casos non hai alternativa posible. ÿ o caso do vello túnel, que será cegado.