Denuncian o Concello de Sanxenxo polo fío dunha varanda
Por Redacción
Segundo publica o Faro de Vigo, unha veciña de Sanxenxo presentou unha denuncia no xulgado para que o Concello lime unha varanda despois de que a súa filla sufrise unha forte ferida nunha orella ao golpearse cos valos metálicos que se encontran no Paseo dos Barcos próximo á praia das Panadeiras.
Segundo explica a muller no rotativo vigués, a nena tropezou nun dos taboleiros do paseo e golpeouse contra unha das barras que lle seccionou parte da orella. Segundo denuncia esta veciña, tras solicitar ao Concello que se buscara unha solución para evitar novas situacións de perigo, dende as oficinas municipais envióuselle un escrito no que se limitaban a sinalar que "as varandas están en perfecto estado".
Ante esta situación, a nai da nena decidiu formular un contencioso administrativo nos xulgados de Pontevedra.