A espera media para operarse no CHOP e O Salnés é de 36,7 días
Por Redacción
A Estrutura de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés mantén as listas de espera por debaixo da media galega, con 36,7 días de demora para unha intervención cirúrxica, fronte aos 82,8 de media en Galicia, e 23,9 días para unha primeira consulta (40,4 de media galega), consolidándose un trimestre máis como a área sanitaria coas listas de espera máis baixas da comunidade.
Segundo o balance de actividade do primeiro trimestre de 2014, no Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra (CHOP) e no Hospital do Salnés realizáronse 6.940 intervencións cirúrxicas, 505 máis que o ano anterior, e atendéronse 137.294 consultas hospitalarias, 3.820 máis que en 2013.
As urxencias rexistraron un lixeiro incremento, atendéndose a 31.305 pacientes nos servizos de urxencias dos hospitais de Pontevedra e O Salnés, 771 máis que o ano anterior. No caso dos centros de saúde da área, incrementáronse nun 70% as intervencións de cirurxía menor e realizáronse 483.734 consultas, 25.372 mais nun ano.
Por centros, no CHOP incrementou a actividade cirúrxica no primeiro trimestre, con 5.320 intervencións, e as urxencias superaron as 22.000, unha media de 245 ao día. Mantén a demora cirúrxica en Prioridade 1 por baixo dos 10 días e a demora media sitúase en 36,6 días, a máis baixa dos hospitais do sistema sanitario público galego. Os menores tempos de espera correspóndesen coas especialidades de oftalmoloxía (14,5 días), xinecoloxía (17,4 días) e dermatoloxía (18,7 días).
A demora media para unha primeira consulta sitúase en 21,5 días, 16,3 en consultas preferentes, e 19 das 27 probas que se realizan no CHOP teñen demoras medias inferiores a 25 días.
No caso do Hospital do Salnés, a espera media cirúrxica para pacientes en Prioridade 1 tamén continúa por debaixo dos 10 días e a espera media global cerrou o trimestre en 36,7 días. Nos tres primeiros meses atendéronse 22.139 consultas cunha demora media en primeiras consultas de 33 días, 22 nas preferentes.
Relacionadas:
-
Os pacientes de Pontevedra e O Salnés, de novo os que menos agardan de Galicia para operarse e ir ao especialista
Por Redacción |
-
Nos hospitais de Pontevedra e O Salnés agárdase por unha operación 29,8 días, a demora máis baixa de Galicia
Por Redacción |
-
José Manuel González: "Montecelo cada vez cumple menos condiciones de hospital de futuro"
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Pontevedra e O Salnés consolídanse como a área sanitaria galega con menos listas de espera
Por Redacción |