A Uned ofrece un seminario sobre técnicas de inserción laboral
Por Redacción
O Centro asociado á Uned de Pontevedra será escenario dun seminario sobre técnicas de inserción laboral entre o 6 e o 8 de maio. O curso pretende dar unha visión das competencias profesionais e persoais necesarias para o acceso ao mercado de traballo, ademais de ofrecer técnicas para que os alumnos aprendan a utilizar as técnicas e os recursos dispoñibles para a busca de emprego, centrándose na rede 2.0.
O seminario está aberto a todo o público pero proxéctase pensado, sobre todo, para estudantes de últimos anos de carreira e recén graduados, xa que se pretende presentar ao asistente as opcións formativas e laborais dispoñibles ao finalizar os estudos universitarios, así como as bolsas e axudas dispoñibles para eles.
O programa tamén formula proporcionar aos alumnos un coñecemento actualizado sobre as tendencias do mercado de traballo no ámbito local, nacional e internacional. Entre outras propostas traballaranse ferramentas de busca de emprego como a carta de presentación, o currículo vitae ou a entrevista de traballo.
O curso terá horario de tarde e o custo da matrícula é de 15 euros para o público xeral mentres que para os alumnos da UNED e para os desempregados o prezo de inscrición será de 10 euros.