Vilaboa queda sen Maios
Por Redacción
O Partido Popular de Vilaboa lamentou a través dun comunicado que non se puidese celebrar o tradicional concurso de Maios. Se o pasado ano tan só se presentaron tres agrupacións, nesta edición non acudiu ningún participante á festa convocada polo Concello.
Segundo o Partido Popular "non se pode deixar morrer as nosas tradicións, por iso, máis que nunca o Concello tiña que implicarse buscando novos alicientes, novas ideas para inculcarlle os máis novos ás nosas tradicións".
Os populares indican que apenas acudiron nenos á festa na que actuaba un pallaso. Por este motivo, a voceira do PP de Vilaboa, Beatriz Rosendo, solicita ao goberno local que se centre nos problemas reais de Vilaboa e que dinamice os actos culturais para que non desaparezan estas tradicións.