O Grove recada fondos para investigar a síndrome de Sanfilippo
Por Oskar Viéitez
Ero é un mozo de 22 anos que padece a síndrome de Sanfilippo.
Trátase dunha patoloxía considerada como rara e que ten consecuencias desvastadoras para o sistema nervioso central. Esta especie de alzheimer infantil é unha enfermidade dexenerativa producida pola acumulación de azucre no cerebro que ataca de forma indiscriminada ao sistema nervioso central.
Estímase, que en España o número de afectados se sitúa en torno aos 50, o que, unido á dificultade á hora de diagnosticalo e á falta de tratamento, leva consigo a que os afectados vivan pouco tempo e rematen os seus días en estado vexetativo.
Ero encóntrase na última fase da enfermidade.
Os seus pais e amigos organizaron este domingo no Grove un mercado para recadar fondos que se destinasen á investigación da enfermidade dentro da iniciativa que promove a Asociación Sanfilippo Barcelona.
Sanfilippo Barcelona forma parte do consorcio Hands que intenta recadar os 4.000.000 de euros necesarios para poder levar a cabo un ensaio clinico con humáns.