A Mancomunidade de Montes de Pontevedra súmase á oposición á futura A-57
Por Redacción
A Mancomunidade de Montes Veciñais en Man Común do Concello de Pontevedra, ante a aparición da plataforma veciñal "Salvemos a Fracha", co obxectivo de paralizar a construción da autoestrada A-57, emitiu un comunicado co que quere mostrar o seu total apoio ás súas reivindicacións.
Este colectivo solicita aos membros das xuntas reitoras das comunidades de montes, pertencentes ou non a esta mancomunidade, dos municipios de Vilaboa, Pontevedra e Barro, a asistencia á reunión informativa que convoca a citada plataforma para o vindeiro venres día 16 ás 20:00 na Casa Cultural de Marcón.
A mancomunidade sostén que a construción desta autopista A-57 "parece pensada para Segovia ou calquera outra cidade castelá" e "ignora e despreza" a realidade rural dos concellos de Barro, Pontevedra e Vilaboa.
Na súa opinión, Curro, Verducido, Santa María de Xeve, San Andrés de Xeve, Mourente, Bora, Marcón, Tomeza, Bértola, Figueirido e Vilaboa verán as súas parroquias divididas en dúas, os seus recursos económicos e naturais seriamente danados, e as súas posibilidades de crecemento hipotecadas para sempre. Todo iso para construír unha autoestrada inútil e innecesaria, que nin dará servizo a estas parroquias nin aos habitantes do núcleo urbano de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Espazo Ecosocialista esixe a recuperación da concesión da AP-9 como alternativa á A-57
Por Redacción |
-
'Salvemos a Fracha' fai unha chamada aos veciños de Pontevedra e Vilaboa para frear o proxecto da A-57
Por Redacción |
-
Afectados pola A-57 sementan de cruces o percorrido da Subida a Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
A Sociedade Galega de Historia Natural solicita que se desbote o proxecto "innecesario" da A-57
Por Redacción |