O PSOE de Ponte Caldelas denuncia o uso "irresponsable" de herbicidas por parte da Deputación
Por Oskar Viéitez
Os socialistas de Ponte Caldelas trasladou aos medios de comunicación as denuncias de veciños pola utilización "sen control" de herbicidas nas beiras das estradas por parte de operarios da Deputación.
Este grupo municipal esixe que se deixe de aplicar calquera contaminante que resulte prexudicial para os humanos e os animais, que supón "unha grande irresponsabilidade por parte dunha administración".
O voceiro Andrés Díaz explica que nestes días se está a aplicar este produto nos pobos de Parada e Xustáns "co perigo de que algún animal se envelene, pois moitos destes animais posteriormente son para o consumo humano".
"Entendemos que non se pode evitar que unha persoa no seu terreo privado aplique este tipo de produtos, pero que o faga unha administración non é aceptable, sobre todo cando o Concello de Ponte Caldelas dispón de dous tractores rozadores agrícolas para limpar a maleza".
O grupo socialista xa criticou en numerosas ocasións que estes tractores estean parados case todo o ano, e só utilícense para limpar as cunetas "a semana antes da festa, ou que cando son eleccións, e o resto do ano se lle esquecen os pobos".