Deteñen os tres supostos autores do roubo na cantina do campo de fútbol de Vilaboa
Por Redacción
Dous veciños de Pontevedra (E.L.R., de 34 anos e V.F.L., de 20) e un de Cotobade (F.T.F., de 19 anos) foron detidos por axentes da Garda Civil como presuntos autores dun delito de roubo con forza na cantina do campo de fútbol de Santa Cristina de Vilaboa.
Unha patrulla do Posto da Garda Civil de Moaña localizaba durante a madrugada deste xoves 22 de maio un vehículo con tres persoas no seu interior. Nun rexistro do vehículo, os axentes observaron varios efectos que, segundo confesaron posteriormente os identificados, acababan de roubalos do interior da cantina da instalación deportiva, tras forzar a porta.
Os detidos contan con antecedentes policiais e serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número dous de Cangas.