Corte da subministración de auga en Poio e Sanxenxo
Por Redacción
A empresa pública Acuaes procedeu ao corte da subministración de auga nos concellos de Poio e Sanxenxo debido ás obras de instalación da nova canalización de abastecemento instalada baixo a PO-308 coa rede que chega ao municipio dende Pontevedra.
Aquaes informou que o corte se prolongará dende as 8.00 horas deste xoves ata as 8.00 horas do sábado.
Os depósitos municipais de ambos os dous municipios deberían garantir o servizo, aínda que dende ambos os dous gobernos locais se fixo un chamamento aos veciños para que realicen un consumo responsable e racional.
En Sanxenxo priorizouse a subministración nos fogares sobre outros usos, como por exemplo as duchas das praias. O goberno local esixiu á empresa pública que este corte non se prolongue máis alá das 16.00 horas de mañá, venres.