Entregan os premios Julio Camba e Fernández del Riego de xornalismo
Por Redacción
Os premios de xornalismo Julio Camba, na súa trixésimo terceira edicición, e Fernández del Riego, na súa novena, xa teñen novos gañadores, José Otero Lastres e Carlos González Reigosa respectivamente. Novacaixagalicia entregou estes galardóns anuais en Pontevedra por senllos artigos publicados en La Voz de Galicia.
Otero Lastres foi distinguido polo traballo titulado "La sensación de ser como los demás" e o seu compañeiro polo texto "Paraíso case baleiro", elixidos entre 75 artigos preseleccionados, 48 en castelán e 27 en galego.
A dotación de cada un dos premios ascende a 12.000 euros.