Educación viaria para os máis pequenos da man da Plataforma Motera para la Seguridad Vial
Por Redacción
Aprender a comportarse como condutor e tamén como peón. Ese foi o obxectivo da xornada PONTEvedra a CONDUCIR destinada a nenos de 3 a 13 anos.
A actividade estivo organizada pola Plataforma Motera para la Seguridad Vial e celebrouse con éxito no Circuíto de Educación Viaria do Concello de Pontevedra en Mollabao, baixo a autoestrada.
Coa colaboración da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico os nenos gozaron de karts, un inchable e unha exposición de medios das forzas de seguridade, ademais de poder participar nun concurso de debuxo sobre seguridade viaria.