Activan a alerta por frío para os sen teito
Por Redacción
Pontevedra está en alerta por frío. Aínda que Meteogalicia non activou oficialmente a alerta na comarca, o Concello decidiu poñer en marcha o protocolo de frío ante a importante baixada das temperaturas previstas ata o venres 30 de novembro. Céntrase especialmente en axudar ás 30 persoas que a Policía Local ten contabilizado que pernoctan na rúa.
Ante esta previsión, todas as entidades que participan neste protocolo coordinado pola Concellaría de Benestar Social fixeron acopio de más de 500 prendas de abrigo (roupa interior masculina e lubas, preferentemente) que se repartirán entre los sin techo.
Dentro deste protocolo, que xa está activo, tamén se fixo acopio de vasos térmicos para que as persoas que pasen a noite na rúa poidan tomar algo quente. Tamén se activou a alerta nos albergues da cidade así como nos hostais colaboradores con este tipo de emerxencias, ademais da Policía Local e de Protección Civil que estarán na rúa.
A atención do protocolo centrarase nas zonas coñecidas polos servizos municipais de seguridade cidadá como zonas de aloxamento destas persoas.