As tropas francesas volven caer na Batalla de Ponte Caldelas
Por Anxo Lourido
Douscentos veciños de Ponte Caldelas participaron este domingo na recreación da Batalla que enfrontou ás tropas francesas cos habitantes da vila en 1809 con motivo da Guerra da Independencia. Centos de persoas seguiron nas rúas próximas á ponte o enfrontamento ficticio de asalto á fronte francés no que non faltaron cabalos, carros, fume e sonoros disparos que sorprenderon o público.
O convoi do exército de Napoleón intentaba cruzar o centro de Ponte Caldelas e os veciños impedírono coa presenza entre as súas filas do propio alcalde, Perfecto Rodríguez, que despois dunha dura batalla se facía coa espada do xeneral das tropas inimigas.
Ao mesmo tempo, na Alameda continuaba desenvolvéndose a Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros como homenaxe aos vellos oficios de Galicia e onde pode comprobarse o labor dos artesáns que traballan co cicel, con metal, coiro ou teas dentro dos diversos oficios tradicionais. No mesmo espazo, numerosos veciños puideron dar boa conta da gastronomía do país onde non faltaba o polbo á feira entre outros produtos típicos.
Relacionadas:
-
O PP reprocha o alcalde de Ponte Caldelas que elimine a 'Festa da Batalla' a pesar do seu potencial turístico
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas renuncia a organizar a Festa da Batalla
Por Redacción |
-
Carmen Martínez Riveiro presenta 'O fogar do carriciño' no Centro Cultural de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Dispositivo especial de tráfico en Ponte Caldelas durante a Festa dos Dolores
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas ponse 'guapa' para a Festa da Batalla
Por Redacción |
-
Medio cento de artesáns participarán na Feira Antiga do Camiño dos Arrieiros
Por Redacción |
-
400 particulares solicitaron autorización para montar os seus "xantares" na Festa da Batalla de Ponte Caldelas
Por Redacción |