"Vin a Cholo comendo unha paloma morta"
Por Redacción
"Eu vino comendo unha paloma morta na liña branca do arcén da carretera general". A que fala é unha veciña de Bueu e o protagonista do seu avistamento é 'Cholo', un moucho real de seis anos que hai máis dunha semana escapou da casa dos seus donos e se resiste a ser capturado.
A noticia saíu á luz a través da prensa local, pero é raro o veciño de Bueu que non viu a 'Cholo' cos seus propios ollos nos últimos días. "Pasaban os coches e non se espantaba", explica esta veciña que o viu na tarde do mércores na estrada xeral que une Bueu con Cangas do Morrazo.
"Vese que é manso, que o teñen amestrado ou algo", indica. E éo. Os donos de 'Cholo' téñeno nunha gaiola de amplas dimensións nun terreo de Cividade, en Bueu, xa foi criado en catividade e adoita obecer aos seus criadores.
Os seus donos son Sergio e Félix Portela e non é raro que o saquen a pasear pousado no brazo, pero hai uns días decidiu escaparse das normas preestablecer. Xa o fixera hai uns anos e logrou ser recuperado. Agora parece que está a custar un pouco.
Nos primeiros días tras a súa desaparición ninguén tivo coñecemento do seu paradoiro, pero este moucho de máis dun metro de envergadura cando abre as súas ás apareceu de súpeto no centro de Bueu, na rúa Pazos Fontenla.
Entre os axentes do Servizo de Protección á Natureza (Seprona) da Garda Civil e os seus donos intentaron capturalo e mesmo usaron como cebo unha pomba. Pero resistiuse e volveu escapar. Agora déixase ver de cando en vez polo centro de Bueu. Os que o localicen, poden avisar a Policía Local ou os seus donos no teléfono 699 619 404.