O accidente dun tráiler bloquea un carril en Cerponzóns
Por Redacción
A estrada N-550 á altura do quilómetro 113, na parroquia pontevedresa de Cerponzóns, rexistrou esta mañá un accidente de tráfico sen feridos que mantivo cortado un carril de circulación en sentido Pontevedra.
Segundo informou o 112 o sinistro tivo lugar ás 10:30 horas.
O condutor do tráiler da empresa Transportes Melitón de Budiño (Porriño) explicou que a causa dunha mancha de gasóleo na calzada perdeu o control do vehículo.
Ao frear de forma brusca na estrada o impulso do remolque fixo que se abrise cara a un lado dende atrás. O resultado é que a cabeza tractora provocou o coñecido como 'efecto tesoira' pregándose cara ao remoque ata rematar metido na cuneta.
A chuvia e a empinada pendente pola que baixaba o transporte tamén influiron no sinistro.
Pola contra os axentes da Garda Civil que se encontraban na zona descartaron a existencia dunha mancha de aceite ou de gasóleo na calzada.
Os axentes habilitaron o carril de adiantamento para que fose utilizado polos vehículos que se dirixían en dirección cara a Pontevedra.