A Liga Nacional de Billarda chega a Campolongo
Por Redacción
A segunda das 16 xornadas que compoñen a Liga Nacional de Billarda na súa Conferencia Rías Baixas chega a Pontevedra.
A cita, que espera achegarse ao centenar de competidores, celebrarase na Praza da Constitución, en Campolongo, dende as 16:30 horas do próximo sábado 20 de setembro.
Previo a esta cita este venres, dende as 19:00 horas, o grupo Lembranza Galega organiza unha xornada gratuíta para dar a coñecer esta tradición entre os mozos e ensinalos a xogar.
Despois desta xornada a Liga Nacional de Billarda non volverá a Pontevedra ata o mes de abril, na que está prevista unha xornada de competición nas instalacións do Casino Mercantil.