Deteñen un mozo de 19 anos por roubar a anciáns de Bueu intimidándoos con obxectos punzantes
Por Redacción
A Garda Civil detivo a S.E.M., de 19 anos de idade e veciño de Bueu como suposto autor de tres delitos de roubos con violencia e intimidación a transeúntes nas rúas da citada localidade.
O modus operandi consistía en sorprender as vítimas, sempre de avanzada idade, polas costas, ás que tras intimidalas cunhas tesoiras ou obxecto punzante e forcexar con elas, valéndose da súa superioridade física, lles arrebataba o bolso para quitarlles o diñeiro e efectos de valor que levasen no seu interior.
Estes feitos sucedéronse dende mediados do pasado mes de agosto e o seu esclarecemento tivo lugar o pasado mércores, froito das investigacións que os compoñentes do Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas en colaboración co Posto de Marín e a Policía Local de Bueu, viñan realizando.
Recuperáronse os efectos subtraídos.
O detido, que conta con antecedentes policiais, foi conducido ás dependencias oficiais da Garda Civil ao obxecto da instrución das correspondentes dilixencias que serán entregadas no Xulgado de Instrución número dous de Marín.