O río Lameira prepárase para o inverno
Por Oskar Viéitez
O Concello de Marín procedeu á contratación dunha empresa especializada para acometer a limpeza do río Lameira. Os traballos están presupostados en máis de 17.000 euros.
Os labores de limpeza e acondicionamento do río e dos regatos adxacentes, discorre dende o lavadoiro de Coirados onde arrancaron o luns e avanzan no sentido do río cara á zona urbana.
Estes traballos son fundamentais para ter o río vixiado, controlado e que os arrastres que se van producindo con motivo das chuvias intensas do inverno non provoquen sobresaltos.
A limpeza desenvolverase ao longo deste mes de outubro.