A UNED medra
Por Oskar Viéitez
A Xunta Rectora do Patronato do Centro Asociado da UNED de Pontevedra, aprobou o orzamento do exercicio de 2013, por un importe total de 1,7 millóns de euros.
Con anterioridad á reunión da Xunta Rectora do Patronato, tivo lugar a firma do convenio para a ampliación do centro da UNED de Pontevedra, efectuada polo rector da Universidade Nacional de Educación a Distancia, profesor Juan Gimeno Ullastres, o presidente da Diputación Provincial e do Patronato do Centro, Rafael Louzán Abal e o alcalde do Concello de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
O orzamento consignado para os traballos ascende a 351.122 euros, dos que a Deputación aportará 130.00 euros, o Concello de Pontevedra 110.000 euros e a sede central da UNED, outros 110.000 euros.
A obra de ampliación contempla a construción dun aula magna e unha sala de conferencias con capacidade para 300 persoas.