Antonio Coello, subdelegado do Goberno: "Siempre estuvo decidido recurrir las pagas extra del Concello de Pontevedra"
Por Anxo Lourido
O Subdelegado do Goberno, Antonio Coello, confirmaba tras o acto do Día da Constitución a impugnación que a Delegación do Goberno vai realizar ao plus de productividade que o Concello de Pontevedra pagou este mes de decembro aos funcionarios municipais.
Coello manifestou que "hay unas instrucciones concretas que están a través de la secretaría de Estado del Gobierno y se tienen que cumplir y se cumplirán a través del recurso que está realizando la Abogacía del Estado y se hará en el tiempo oportuno para darle el trámite correspondiente en los tribunales". O Subdelegado non chegou a deixar claro como foi o desenvolvemento do procedemento ata este momento e quen iniciara os trámites da impuganción pero indicou que "se ha puesto en marcha cuando hemos sabido que públicamente se había manifestado la autoridad municipal admitiendo que se había hecho efectiva esa disponibilidad. Ahora esperamos que el Concello remita la documentación que se le requirió". Ademais indicou que "siempre estuvo decidido, cuando teníamos las instrucciones y un decreto ley que marcaba una conducta a seguir. Nosotros somos leales y constitucionales en ese sentido".
Antonio Coello apuntou que físicamente aínda non se presentara o recurso pero que "se va a llevar a cabo, evidentemente que se va a llevar a cabo". Pola contra, non quixo entrar a analizar se se trata dun plus de productividade, como afirma o Concello de Pontevedra, ou dunha paga extra e só indicou que "trato de cumplir las normas y que, cuando una entidad como el Concello ha hecho efectiva esa paga, serán los tribunales lo que tengan que resolver".
Por último, afirmou que descoñecía se había algún outro Concello en situación semellante na provincia e indicou que se fose así, actuaría igual matizando que "yo contra el Concello de Pontevedra no tengo nada en particular, estoy muy a gusto aquí, pero las normas son las que son".
Pola súa parte, o vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, xustificou a actuación por parte da Delegación do Goberno neste caso: "Se o Goberno central considera que se está incumprindo, o seu deber é actuar en consecuencia. A Xunta vai cumprir sempre a norma. Hai unha norma que determiñou que non se aboase a paga extra neste mes de decembro e a Xunta vai cumprir coas normas."
Relacionadas:
-
Bueu e Poio únense a Pontevedra e compensarán aos funcionarios pola perda da paga extra
Por Redacción |
-
Jacobo Moreira: Lores es un populista que hace populismo con el dinero de los demás
Por Natalia Puga |
-
CC.OO. ataca o PP polo recurso ás "pagas extra"
Por Redacción |
-
Lores, alcalde de Pontevedra: "Se ocurre algo, apandaremos coas consecuencias"
Por Anxo Lourido |
-
O Goberno denuncia ao Concello para que os funcionarios devolvan a paga extra
Por Oskar Viéitez |