Pequenas retencións por un accidente con tres feridos leves na Granxa
Por Redacción
A saída de vía dun turismo no municipio de Sanxenxo saldouse este domingo cun balance de tres persoas feridas de levidade.
O suceso produciuse ás 17:00 horas na estrada PO-308 ao seu paso pola Granxa.
A situación na que quedou o vehículo implicado, un Fiat Punto, tivo que cortarse un carril de circulación, provocando pequenas retencións na zona ata que puido ser retirado.
Ao lugar do suceso desprazáronse efectivos de Emerxencias Sanxenxo e tamén da Garda Civil de Tráfico, que se encargaron de regular a circulación.