Propoñen á Deputación que o Centro Príncipe Felipe lidere a loita contra a pobreza infantil na provincia
Por Redacción
A Sección Sindical de Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra propuxo ao Goberno Provincial que invista no Centro Príncipe Felipe para que estas instalacións lideren a loita contra a pobreza infantil na provincia.
CC.OO. xa lle propuxo, tanto ao presidente da Deputación, Rafael Louzán, como na mesa de negociación previa á aprobación dos orzamentos para o ano 2015, "a necesidade de buscar acordos de colaboración cos distintos concellos da provincia para que se realice un estudio coordinado entre as traballadores dos concellos e as da Deputación, a fin de visualizar cales son as carencias que teñen os menores para poder darlle a cobertura de atención necesaria, tanto a nivel educativo como de vestiario e calzado na Cidade Infantil".
O acordo de colaboración consistiría en que a Deputación pagaría o transporte de recollida dos menores nos distintos concellos, cunha ruta establecida en función do número de necesidades en cada municipio os luns pola mañá e os concellos pagarían o transporte de regreso dos menores o venres pola tarde ou viceversa, o resto do gasto pola estancia na Cidade Infantil correría a cargo da Deputación.
"Unha actuación directa para revitalizar unha institución emblemática como é a Cidade Infantil Príncipe Felipe"
CC.OO. ten claro que con acordos como estes faríase un uso adecuado do gasto e ademais contribuiríase, dunha forma clara, a manter o nivel de ocupación dos centros da Cidade Infantil que debido o número de menores internos que se dan en adopcións ás familias, quedan espacios baleiros para poder facerlle frente a este tipo de carencias sociais de primera necesidad.
Esta medida conlevaría "unha actuación directa para revitalizar unha institución emblemática como é a Cidade Infantil Príncipe Felipe".
Lembran desde este sindicato que este centro conta cunha plantilla de traballadores altamente cualificados "dos que non dispón ningún centro de ningunha provincia, nin da Xunta de Galicia". Unha equipa de psicólogos, médico, traballadoras sociais, educadores, técnicos auxiliares educativos, así como todo o personal auxiliar e de servicios necesario.
Entenden os representantes dos traballadores que a Cidade Infantil pode dar resposta á necesidade "clara e evidente" de cobertura de servizos sociais debido a gran demanda existente en moitos concellos. Por eso piden a xestión "axeitada" do centro e, "en aras de que o gasto se faga de forma rigurosa, pero sempre de acorde coas prioridades que ten que levar a cabo a institución", conclúen.