A viabilidade de Enmacosa pasa polo despedimento do 60% do seu persoal
Por Anxo Lourido
60 dos 101 traballadores que forman parten do actual plantel de Enmacosa terán que rescindir o seu contrato se se acepta a proposta establecida polo administrador concursal para intentar garantir a viabilidade futura desta consultoría técnica con sede en Sanxenxo.
A formulación de Alberto García Pombo, administrador concursal deste caso, establece tamén o peche das sedes que a entidade ten en Madrid e na Coruña, onde traballan ao redor de 20 empregados.
Nos últimos días, vinte dos traballadores da firma de Sanxenxo aceptaron solicitar unha rescisión de contrato pero a medida é insuficiente e agora é necesario que se acometa un Expediente de Regulación de Emprego (ERE) extintivo, que permita poder establecer un plan de futuro para lograr capital e que se garanta así o pagamento das indemnizacións.
Os traballadores decidirán durante a tarde deste martes 25 de novembro en asemblea se aceptan esta proposta, segundo informou Ramón Vidal, secretario comarcal de UGT.
As fontes sindicais indican que esta medidas iniciais de prescindir do 60% do persoal non serán as únicas que se adopten para intentar salvar esta empresa que se encontra en concurso de acredores.