A denuncia de Bruxelas a España polo deficiente saneamento da Ría chega ao Parlamento galego
Por Redacción
O anuncio da Comisión de que denunciará a España ante os tribunais por non garantir que as augas residuais urbanas sexan tratadas na Ría de Pontevedra chegará ao Parlamento de Galicia. A portavoz de Medio Ambiente do grupo socialista, Patricia Vilán, presentou unha batería de iniciativas parlamentarias e reclámalle ao goberno galego o saneamento integral da Ría antes de que remate 2015.
Vilán sinala que esta nova denuncia continúa coas sancións xa recibidas por España polos incumprimentos nas rías galegas nos anos 2011 e 2013, logo de que o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoó, paralizara tódalas depuradoras planificadas polo goberno socialista.
Esta xestión, segundo a socialista pontevedresa, ven provocar de novo a ameaza dunha sanción por non garantir que as augas residuais urbanas sexan tratadas correctamente e polo risco que supón para a saúde pública.
Entre as zonas afectadas pola advertencia da Comisión Europea inclúese a ría de Pontevedra, e en concreto o eixo Pontevedra Marín Poio Bueu, por canto ós informes recibidos pola Comisión indican que "segue a faltar un sistema de tratamento axeitado nesas aglomeracións".
Os socialistas galegos reclaman que a Xunta complete o saneamento integral desta ría, "aportando inmediatas solucións para a depuración dos concellos que verten á mesma, ante o anuncio de que a Comisión Europea vai denunciar a España".
Relacionadas:
-
Bruselas ratifica a denuncia por contaminación da Ría e esixe mellorar o seu saneamento
Por Redacción |
-
Os socialistas urxen o traslado da depuradora dos Praceres
Por Oskar Viéitez |
-
Vence reclama con "urxencia" o saneamento integral da Ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Louro considera "unha burla" que Feijóo antepoña o saneamento das rías de Vigo, Arousa, Ferrol e O Burgo
Por Redacción |
-
O Concello celebra que Bruxelas "tome cartas no asunto" pola deficiente depuración de augas da Ría
Por Redacción |
-
Bruxelas leva a España aos tribunais polo tratamento das augas residuais na Ría de Pontevedra
Por Redacción |